Skip to main content

As televisións de habitacións de pacientes xa son gratuítas en varios centros hospitalarios

Esta actuación está enmarcada como complemento das medidas preventivas especiais nos centros sanitarios en materia de Saúde Pública, co obxectivo de manter unhas boas prácticas de prevención e contención da enfermidade. En concreto, coa medida de limitación a unha persoa como acompañante do paciente durante a estadía no centro sanitario. O obxectivo é facilitar e mellorar a estadía dos pacientes ingresados.

O pasado luns 16 de marzo, a Xunta deu instrucións a todos os centros do Servizo Galego de Saúde para que todas as televisións das habitacións de pacientes que tivesen televisión de pago, pasasen a ser de uso gratuíto. Esta instrucción estivo condicionada ás dificultades técnicas de execución das mesmas (que precisasen cambiar instalacións en habitacións ou similares) e, nese caso, solicitábase a busca de alternativa.
Servizo Galego de Saúde