Skip to main content

Constituídos os Postos de Mando Avanzado en toda Galicia co obxecto de coordinar a mellor resposta para a prevención e seguimento da pandemia por coronavirus

Estes Postos de Mando Avanzado están compostos polos delegados da Xunta, as secretarías territoriais, representantes das xefaturas territoriais, representantes de emerxencias e da policía autonómica.

Entre as funcións destes novos equipos está realizar un informe diario, que se remitirá á Sala de Control de Operativos (SACOP) do 112, con todas as incidencias que se rexistren en cada provincia.

Entre os cometidos do Posto de Mando Avanzado está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación coa Fegamp que xa conta cun formulario na súa web http://www.fegamp.gal/content/enquisa-subministro-material-epi, para recoller esa información.

Ademais, actuará como un punto de información para os concellos e recabará as funcións vinculadas coa actividade do COVID-19 que se están a realizar nos municipios.

O Punto de Mando Avanzado tamén canalizará ao 112 as ofertas de doazón de material que se reciban nas delegacións. Tamén organizará a distribución do material a concellos, GES e UPA, cando se dispoña do mesmo, dacordo coas necesidades e instrucións establecidas polo CECOPI (Centro de Coordinación Operativo Integrado).

Desde a AXEGA habilitouse unha sala de videoconferencia remota para cada PMA que se pode utilizar, a cuxos efectos se enviará o enlace e as instrucións de uso, podendo empregarse calquera outro medio que resulte mais práctico. Deste xeito, o PMA realizará o seu traballo de xeito presencial ou en conexión remota segundo sexa necesario.
Xunta de Galicia