Skip to main content

Contra o coronavirus, unha organización eficiente

Tamén se aconsella alternar tarefas en caso de períodos intensos de utilización da pantalla. Establecer prazos realistas para levar a cabo as diferentes actuacións e comprobar periodicamente o seu cumprimento son outros dos consellos propostos polo SPR.

Procurar o benestar psicosocial

Vestirse para prepararse psicoloxicamente para empezar a traballar; comezar o día á mesma hora de chegada ao posto de traballo; cambiar de habitáculo dentro da casa para axudar a desfacer bloqueos mentais; ou interactuar telefonicamente con compañeiros/as de traballo, son pautas precisas para desenvolver unha actividade equilibrada no día a día.

Outros dos consellos que proporciona o Servizo de Prevención de Riscos Laborais son lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, usar panos desbotables, evitar contacto con persoas enfermas e manter unha correcta alimentación.
Universidade de Santiago de Compostela