Skip to main content

Manuel Fraga chama a combater a lacra do terrorismo con decisión e firmeza, empregando os mecanismos que ofrece o Estado de Dereito

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, referiuse ao terrorismo como “un dos principais problemas do noso tempo, unha sombra que se proxecta sobre o benestar das sociedades libres”. Por iso fixo un chamamento para combater esta “lacra” empregando os mecanismos que ofrece o Estado de Dereito “con decisión e firmeza”. “Dispoñemos de medios técnicos e materiais, lexislativos e xudiciais, pero sobre todo, humanos”, asegurou.

Neste sentido, Manuel Fraga referiuse á aplicación do artigo 155 da Constitución española e asegurou que “calquera persoa que intente non deixarse convencer pola realidade e tolerar que unha forza que non condene claramente a violencia do terrorismo poida participar en política está faltando á lei”. “E do mismo modo, afirmo que, polo mesmo, sitúanse do lado dos violentos non poden negarse a que se lles apliquen todos os artigos da Constitución, incluído o artigo 155 que algúns non queren recoñecer”, dixo.

O máximo mandatario autonómico presidiu a inauguración da mostra A Garda Civil fronte ao terrorismo. Pola liberdade, polas vítimas, que se expón a partir de hoxe na Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña.

Na súa intervención, Manuel Fraga lembrou, ademais, que os terroristas só buscan a quebra do sistema democrático, infundindo o medo e a desesperanza entre os cidadáns, “producindo o maior dano posible, cando e onde poden”. “Por iso –dixo- debemos estar sempre alerta ante as súas manifestacións, sexa cal sexa o seu disfraz e sexan cales sexan as súas escusas”.

REFERENTE DA SALVAGARDA DOS DEREITOS E LIBERDADES

O presidente da Xunta tamén se referiu ao grande e continuo esforzo dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, “que velan polo mantemento pacífico da nosa convivencia”. Así, salientou que a Garda Civil, en particular, cos seus 160 anos de traxectoria, “se ten gañado, merecidamente, a confianza e admiración de todos os españois, como referente de protección e salvagarda dos nosos dereitos e liberdades”. “Non por casualidade –engadiu- [os terroristas] teñen convertido ao noso Instituto Armado nun obxectivo capital das súas accións”. De feito, desde que foi asasinado o primeiro garda civil, en 1968, o galego José Pardines, 234 axentes teñen perecido ás mans da banda terrorista ETA.

Así mesmo, o titular do Goberno galego lembrou que, logo de case 40 anos de violencia de ETA e un ano despois do atentado do 11-M, son máis de mil os mortos que “temos que cargar nas contas do terrorismo”.

“Sen embargo –advertiu-, nada será en van. A pesar das dificultades, sabemos que os violentos fracasarán no seu empeño, porque a Garda Civil e, moi especialmente, as súas Unidades Especiais, teñen golpeado e golpean día tras día ao terrorismo, realizando detencións e desarticulando comandos, células e grupos enteiros”.

RECOÑECEMENTO, RESPECTO E ADMIRACIÓN

Por último, Manuel Fraga quixo poñer de manifesto o recoñecemento de todos os galegos ao labor antiterrorista levado a cabo pola Garda Civil, e o “profundo respecto e admiración que sentimos –sinalou- ante o exemplo de sacrificio e humanidade das vítimas do terrorismo”.

A MOSTRA

A exposición inaugurada divídese en dúas partes claramente diferenciadas, tanto polo seu contido gráfico como pola cor predominante en cada unha delas. A primeira parte da mostra reflicte aquelas accións que os terroristas levaron a cabo contra a Garda Civil. É unha parte especialmente dolorosa, tinguida do cor da sangue.

Na segunda parte da mostra a carga emotiva é menor. Os paneis e as fotos non están tinguidos da cor vermella do sangue, senón da cor verde da Benemérita, e amosan a loita diaria dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado por combater o terrorismo.

Trátase, en definitiva e en palabras de Manuel Fraga, dunha exposición que que se ocupa directamente “da loita entre a barbarie e a orde, entre a violencia oca e a defensa das liberdades”.

PALABRAS DEL PRESIDENTE DE LA XUNTA EN LA INAUGURACIÓN DE LA EXPOSICIÓN LA GUARDIA CIVIL FRENTE AL TERRORISMO. POR LA LIBERTAD, POR LAS VÍCTIMAS

- “El terrorismo es uno de los principales problemas de nuestro tiempo. Es una sombra de violencia que se proyecta sobre el bienestar de las sociedades libres. Los terroristas buscan la quiebra de nuestro sistema democrático, infundiendo el miedo y la desesperanza entre los ciudadanos. Por ello debemos estar siempre alerta ante sus manifestaciones, sea cual sea su disfraz y sean cual sean sus excusas”.

- “Para combatir esta lacra debemos utilizar los mecanismos que nos ofrece el Estado de Derecho, con decisión y firmeza. Disponemos de medios técnicos y materiales, legislativos y judiciales, pero sobre todo, humanos”.

- “Los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado velan por el mantenimiento pacífico de nuestra convivencia, y la Guardia Civil, con sus 160 años de trayectoria, brilla con luz propia en esa tarea. (...) Ésta es, de hecho, la mayor amenaza para los planes terroristas. No por casualidad han convertido a nuestro Instituto Armado en un objetivo capital de sus acciones”.

- “A pesar de las dificultades, sabemos que los violentos fracasarán en su empeño. Porque la Guardia Civil y, muy señaladamente, sus Unidades Especiales, han golpeado y golpean día a día al terrorismo, realizando detenciones y desarticulando comandos, células y grupos enteros”.

- “Para finalizar, quiero dejar constancia del reconocimiento de los gallegos a la labor antiterrorista de la Guardia Civil y el profundo respeto y admiración que sentimos ante el ejemplo de sacrificio y humanidad de las víctimas del terrorismo”.

LA GUARDIA CIVIL FRENTE AL TERRORISMO. POR LA LIBERTAD Y POR LAS VÍCTIMAS

La exposición inaugurada en la Casa de Cultura Salvador de Madariaga, en A Coruña, se divide en dos partes claramente diferenciadas, tanto por su contenido gráfico como por el color predominante en cada una de ellas.

La primera parte de la muestra es un claro reflejo de aquellas acciones que los terroristas han perpetrado contra la Guardia Civil. Es especialmente dolorosa, teñida por el rojo de la sangre derramada en pos de la libertad.

La segunda parte es una zona en donde la carga emotiva es menor, y donde la rabia y la indignación va, poco a poco, dejando paso a la esperanza. Los paneles y fotos no están teñidos del color rojo de la sangre, sino del color verde de la Benemérita. En esta zona, los TEDAX, GRS, GAR, etc., muestran su lucha diaria por combatir el terrorismo y por devolver a la sociedad la paz.

La muestra La Guardia Civil frente al terrorismo. Por la libertad y por las víctimas está integrada por fotografías, paneles explicativos, maquetas de cuarteles, armamento incautado a los terroristas e incluso una fiel reproducción de un zulo empleado por la banda terrorista ETA. La exposición ha pasado ya por ciudades como Madrid, Sevilla, Logroño o Zaragoza y ha sido visitada por más de 75.000 personas.

Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia