Skip to main content

A Xunta garante o pago e facilita a tramitación das axudas sociais para as persoas que máis o necesitan

Desta maneira, os solicitantes terán maiores facilidades para enviar a documentación necesaria, poderán enviala por correo electrónico, sen ter que facelo de forma presencial.

Para facilitar a tramitación vaise axilizar tamén o traballo dos servizos sociais municipais. O informe social que debe realizarse para avaliar a situación da persoa que solicita axuda poderá facerse por teléfono.

Ademais disto, aquelas persoas que cumpran o máximo de idade permitida para o cobro dunha Risga (65 anos), non terán que solicitar a Pensión non contributiva que reempraza a esta prestación, pois a Xunta garante que seguirán cobrando a Risga mentres continúe o estado de alarma.
Xunta de Galicia