Skip to main content

Sanidade aconsella soamente empregar produtos viricidas rexistrados polo Ministerio

Sanidade advirte que empregar produtos no recollidos na listaxe do Ministerio pode dar lugar a unha falsa sensación de seguridade.

Neste senso, sinala que no caso do ozono ou dióxido de cloro, aínda que xa foron avaliadas as súas capacidades como viricidas en determinadas condicións, todavía se está a facer unha avaliación sobre o risco que supón o seu emprego.

Desde a Dirección Xeral de Saúde Pública incídese en que para ser autorizado o uso dun biocida, precísanse avaliacións de carácter toxicolóxico, eco-toxicolóxico e físico-químico, ademais da toda a información relativa aos seus usos, concentracións e datos de exposición. Porén, e dado que se descoñecen os seus efectos ao ser nebulizados sobre as persoas, desaconsellase o seu emprego.

Así memso, e ante a detección dun incremento de empresas de limpeza e mantemento que están ofertando os seus servizos de desinfección en espazos públicos e privados, o Sergas incide en que tódalas empresas que presten servizos de desinfección a terceiros mediante o uso de biocidas, deben estar inscritas no Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia (ROESB Galicia) pois, estas empresas están suxeitas a constantes inspeccións por parte das autoridades sanitarias e ademais de contar con persoal técnico cualificado para desempeñar as tarefas de desinfección.
Consellería de Sanidade