Skip to main content

As federacións deportivas avanzan no plan de continxencias para planificar o futuro da actividade física e o deporte en Galicia

Un estudo no que se concretará en detalle cando e como recuperar a normalidade deportiva e de competición. De feito, no día de hoxe, o persoal da Secretaría Xeral para o Deporte porase en contacto coas distintas federacións para poder establecer un protocolo concreto de desescalada e axustado a cada especialidade deportiva. Deste xeito serán identificadas as novas e principais necesidades da actividade e competición deportiva, dirixíndose a elas a mobilización dos recursos e medidas da administración deportiva. A adopción de medidas pola Secretaría Xeral, lembrou, estará supedita en todo caso ás medidas e directivas sanitarias, e ao seu apoio directo.

Neste sentido, o mandatario galego referiuse á proposta trasladada pola Consellería de Sanidade ao Ministerio de Sanidade para a realización de actividades físicas en distintas franxas horarias e por tramos de idade. Neste documento traballado tamén pola Secretaría Xeral para o Deporte, recóllense as recomendacións que deberían incluírse na orde ministerial que permita a realización de actividade física.

Durante a súa intervención, Lete Lasa indicou que grazas á tramitación por primeira vez de xeito anticipado aprobada polo Consello da Xunta no pasado mes de decembro, 39 das 58 federacións deportivas de Galicia xa recibiron algún pagamento dos convenios de colaboración asinados coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento da súa actividade. En total o 64,2% do total dos 4.392.684 euros destinados aos convenios coas federacións xa foi executado.

O presidente da Ufedega, Rafael Louzán, e o vicepresidente, Bruno López, vicepresidente dirixiron na que presentaron unha plataforma de videoconferencias, con dez salas para a utilización de todas as federacións deportivas galegas. O presidente da Ufedega declarou que o máis importante nestes momentos é a saúde das persoas e tamén incidiu na importancia de facer un “Gran Pacto do Deporte Galego”, liderado pola Secretaría Xeral para o Deporte e apoiado por todas as federacións e polas administracións públicas galegas.

O enderezo electrónico para as consultas estritamente deportivas como consecuencia da situación de COVID-19 segue funcionado a pleno rendemento para clubs e federacións (incidencias-federacions.deporte@xunta.gal).
Unión de Federacións Deportivas Galegas