Skip to main content

A Xunta distribúe material específico con recomendacións preventivas ante a apertura do comercio

Tamén se incide na distancia de seguridade que deberá ser de dous metros entre clientes, produtos e persoal, adoptar medidas de barreira nas zonas de atención ao público e controlar o aforo mediante cita previa, organizando a entrada por quendas e indicando un horario de atención preferente a maiores de 65 anos.

En canto á hixiene e limpeza faise fincapé no lavado frecuente de mans, evitar tocar nariz, ollos e boca, cubrir as vías respiratorias cun pano desbotable ao tusir ou esbirrar, así como limpar e desinfectar espazos frecuentemente (mostradores, pomos, probadores...), ventilar frecuentemente, protexer o produto para evitar a súa contaminación pola exposición e manipulación e uso de máscara hixiénica ou cirúrxica durante a estancia no comercio.

Tamén se recollen medidas organizativas como a sinalización no chan das distancias e camiños, valorar a necesidade de apertura de probadores e en caso de facelo reforzar a limpeza e desinfección, e fomentar o pago por medios electrónicos así como o comercio online. O Goberno galego insiste tamén na importancia de adquirir material recomendado polas autoridades sanitarias, entre o que non se atopa o ozono.
Dentro da campaña de divulgación e información de comercio seguro, enviaranse elementos informativos para colocar nos mostradores de todos os establecementos que levarán recomendacións da Xunta, así como unha campaña en redes sociais, baixo o lema #SeguimosAdiante.
Xunta de Galicia