Skip to main content

Educación aportará máis de 432.000 euros a subvencionar actividades musicais

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca unha serie de subvencións para as Escolas de Música Públicas e para as dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

En total, a Administración aportará máis de 432.000 euros que se distribúen do seguinte xeito: 42.177 euros para as Escolas dependentes de institucións e 390.000 para as Públicas. As subvencións para as primeiras non poderán superar os 4.000 euros e para as Públicas a contía máxima está en 32.000 euros.

As achegas destinaranse tanto a subvencionar gastos de funcionamento como para actividades docentes. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata mediados do mes de maio.

A valoración para outorgar as axudas terán en consideración o número de alumnos e profesores que hai na Escola, o número de especialidades que se imparten, a dimensión das instalacións, o orzamento que recibe o centro.

Todos os interesados en solicitar estas achegas poderán ver os requisitos que a Administración require no Diario Oficial de Galicia publicado o 7 de abril de 2005.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia