Skip to main content

Vintecinco tendas forman parte da plataforma web de venta online do novo Centro Comercial Aberto de Foz

As condicións de venta serán definidas por cada tenda: os prazos de entrega; os custes de envío; as devolucións; as formas de pago a través de Paypal, tpv virtual, transferencia, contra reembolso…; o seguimento online dos pedidos, etc.

Os negocios adheridos á plataforma web de venta online son: 5 Lobiños, Vagaluz, Sueños, Arrullos, N1, Sensación Surf, Living Sport, Chuvia, Ginzo Mujer, Saint Tropez, Ginzo Hombre, Calzados Pirde, Don Zapato, Zapatería Carmen León, Mapfre, Cenor Belianorte, Amarena, Anduriña, Decoraciones Pura, Kukadas, Ofifoz, Librería Bahía, Buxo Xogos, Iria Rodríguez e Suministros Veipa.

O presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo dixo que “o que queremos é achegarlle o noso comercio á clientela de Foz para que poida facer as súas compras a golpe de click e sen ter que desprazarse ata as tendas. Os clientes teñen que saber que si queren unha atención mais personalizada e directa o que teñen que facer é achegarse en persoa ata os comercios da nosa vila. Pero si xa ten claro o que precisan, non están en Foz ou aínda estando aquí prefiren consultar nas súas casas os produtos que atoparán nas tendas tranquilamente poden facelo a través de www.compraenfoz.com”.

Paleo engadiu que “o que precisamos con este centro comercial virtual que estamos a presentar é que a xente saiba que pode comprar no comercio de Foz sen moverse da casa. Por suposto que queremos recibir clientes nas nosas tendas, pero si polo motivo que sexa non poden achegarse teñen que saber que comprar en Foz sen saír dos seus domicilios é posible. Agora mesmo xa poden facelo en 25 comercios de diferentes sectores, moda infantil, deportes, moda muller e home, zapaterías, seguros, electrodomésticos, pastelerías e panaderías, fogar, pesca, librerías e xogueterías, xoierías, fontanería e calefacción”.

O presidente do Centro Comercial Aberto de Foz agarda que “sexan máis o que se sumen á venta online. So así poderemos competir coas as grandes plataformas, que xa levan tempo facéndoo. Este centro comercial virtual ten como destinataria á clientela do comercio de Foz, sexa de onde sexa e estea onde estea”.

No acto deste xoves interviñeron o alcalde, Fran Cajoto, que foi o encargado de clausurar o evento; o presidente do Centro Comercial Aberto, José Carlos Paleo; Antonio Giz, responsable de Galicia Digital (empresa encargada de desenvolver o proxecto); e José Ginzo, vicepresidente do CCA de Foz. Tamén asistiron o presidente e a xerente do GDR 1 Terras de Miranda, o concelleiro de Comercio en Foz, o xefe territorial da Consellería do Mar, así como membros da directiva do CCA e representantes dos comercios que se adheriron a este proxecto.

Na posta en marcha desta iniciativa do CCA colaboran o Concello de Foz e a Xunta de Galicia.
ACIA Foz (Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos)