Skip to main content

Clausurado o programa de Xestión Estratéxica e Operativa dos Centros de Investigación de Excelencia

A conselleira Carmen Pomar lembrou que o proxecto formativo GESCI-GOSCI é unha iniciativa “de cáracter estratéxico” para o Goberno galego que reúne aos mellores expertos en xestión dos Centros de Investigación co obxectivo de consolidar un modelo galego propio baseado na innovación e na internacionalización. Un modelo que, en palabras de Carmen Pomar, “hai que seguir enriquecendo e fortalecendo”.

Impulsado en colaboración con FEUGA, este programa formativo -que é único en todo o Estado- vai dirixido a directores e investigadores dos Centros de Investigación e das Agrupacións Estratéxicas de Galicia e ten como obxectivo fortalecer a capacidade de liderado e de xestión dos centros de investigación galegos para adaptarse en contornas complexas, cambiantes e moi competitivas.
Programa de Xestión Estratéxica e Operativa dos Centros de Investigación de Excelencia