Skip to main content

A Axencia de Órganos e sangue chama a doar sangue á cidadanía especialmente aos Grupos Cero negativo e A positivo

Ademais, e aínda que nestes días é preciso aumentar o número de doazóns de todos os grupos sanguíneos, faise especial mención aos grupos Cero negativo e A positivo.

Os hospitais galegos precisan mensualmente ao redor de 10.000 doazóns de sangue, unha cifra que non diminúe no verán, senón que pola contra, o período estival presenta dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón por parte da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, especialmente pola deslocalización dos doadores e doadoras.

Engadido a esta conxuntura, as datas inmediatamente anteriores e posteriores ás festividades, coincidentes coas operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións, fan preciso aumentar a participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue.

Facilitar a participación

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, desprazando até dez unidades móbiles nos vindeiros 3 días aos seguintes concellos:

Mércores 12 agosto:
Cedeira, Laxe, Guísamo (Bergondo), Área Central-Fontiñas (Santiago), Calo (Teo), Praza Herrería (Pontevedra), Zona Camelias e Rúa Venezuela (Vigo), Aldán e Coiro (Cangas), Reinante, Barreiros, Ribadavia

Xoves 13 agosto:
Pontedeume, Carballo, Oleiros, Tordoia, Palmeira (Ribeira), Vilagarcía, Teis (Vigo), Arcade, Monforte, Portocarreiro (Ourense), Rairiz de Veiga
Venres 14 agosto Praza de Armas (Ferrol), Pontedeume, Carballo, Fonteculler (Culleredo), Noia, Agolada, Vilagarcía, Rúa Príncipe (Vigo), Arcade, Monforte, O Posio (Ourense)

Así mesmo, tamén existe a posibilidade de doar nos locais existentes nas sete grandes cidades galegas:

Hospital Clínico Universitario de Santiago:
Luns a venres das 08:00 ás 22 horas; sábado das 08:00 as 15:00 horas (15 de agosto festivo)

Hospital Universitario da Coruña: Luns a venres das 08:00 ás 22:00 horas e sábado das 08:00 as 15:00 horas (15 de agosto festivo)

Hospital Arquitecto Marcide Ferrol:
Luns e venres das 15:00 ás 22 horas (agás o venres 14, de 08:00 a 15:00)
martes, mércores e xoves das 08:00 a 15:00

Hospital Lucus Augusti:
Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas

Hospital Universitario de Ourense:
Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas

Hospital Provincial de Pontevedra
Luns a venres das 08:00 ás 15:00 horas

Hospital Nicolás Peña de Vigo:
Luns a venres das 08:00 ás 22:00 horas
sábado das 08:00 as 15:00 horas (15 de agosto festivo)

Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

ADOS dispón da páxina web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. Na páxina web pódese descargar o código QR e atopar máis información.

ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.
A.D.O.S.