Skip to main content

A mostra 'Dentro do tempo' de Alfonso Costa poderá visitarse ata o 5 de setembro no Colexio de Fonseca

A exposición que se inaugurou no pasado xullo, poderá visitarse ata o vindeiro sábado 5 de setembro. Costa tamén incita a concibir, a través de toda unha serie de obras nas que “a luz e as sombras manteñen unha intensa tensión interna, a volta ao esencial como o camiño que permita atopar eses rastros de humanidade perdidos”, explica o artista. Obras de gran formato, intensos cromatismos, xeometría e figuración variables, así como unha sobriedade contida, son algúns dos trazos deste proxecto expositivo que se manterá aberto ata o sábado, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas, na sala de exposicións do Colexio de Fonseca.
Universidade de Santiago de Compostela