Skip to main content

O ránking Times Higher Education sitúa un ano máis a USC entre as mellores do mundo

Cada unha destas áreas ten un peso determinado na valoración final: docencia (30%), investigación (30%), citacións (30%), proxección internacional (7,5%), e transferencia de coñecemento (2,5%).

86 millóns de citas analizadas

No relativo á proxección internacional, o ránking toma en consideración a habilidade de cada institución para captar alumnado foráneo, así como a proporción de persoal procedente doutros países e o nivel de colaboradores internacionais, isto é, o número total de publicacións relevantes que teñen polo menos un co-autor internacional.

A transferencia de coñecemento pon o foco na capacidade da institución por nutrir con innovación á industria, mentres que as citacións poñen en evidencia a influencia investigadora da Universidade. Na edición deste ano, examináronse máis de 86 millóns de citas de 13,6 millóns de artigos de revistas, recensións de artigos, actas de conferencias, libros e capítulos de libros publicados durante cinco años. Os datos inclúen máis de 24.000 revistas académicas indexadas pola base de datos Scopus de Elsevier e todas as publicacións indexadas entre 2015 e 2019. Tamén se recompilan as citas realizadas a estas publicacións entre 2015 e 2020.
Universidade de Santiago de Compostela