Skip to main content

Educación aportará máis de 500.000 euros a subvencionar actividades musicais

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca unha serie de subvencións para os conservatorios de música non dependentes da Administración.

En total, a Administración aportará máis de 500.000 euros. As subvencións non poderán superar os 45.000 euros. As achegas destinaranse a subvencionar gastos de funcionamento derivadas das actividades docentes. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata mediados do mes de maio.

A valoración para outorgar as axudas terán en consideración o número de alumnos e profesores que hai no conservatorio, o número de especialidades que se imparten, a dimensión das instalacións e o orzamento que recibe o centro.

Todos os interesados en solicitar estas achegas poderán ver os requisitos que a Administración require no Diario Oficial de Galicia (DOG) publicado o 8 de abril de 2005.

BOLSAS DE INVESTIGACIÓN

A Consellería de Educación publica ademais neste DOG as bases que rexerán a concesión de catro bolsas de investigación para o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A Administración aportará un total de 20.600 euros para estas achegas que non poderán distribuírse en pagamentos superiores aos 1.400 euros.

As bolsas concedidas terán unha duración ata o 31 de decembro do 2005 aínda que poderán ser prorrogadas por tres anos máis. A finalidade destas achegas será realizar proxectos de investigación sobre lingüística, antropoloxía e historias galegas.

Os solicitantes interesados teñen de prazo corenta días naturais a para enviar os modelos que se publican no DOG do 8 de abril de 2005 ao coordinador-científico do Centro Ramón Piñeiro.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia