Skip to main content

O conselleiro de Sanidade preside en Bos Aires unha xuntanza do Padronado da Fundación Galicia Saúde

O conselleiro de Sanidade, José Manuel González Álvarez, visita, os días 9 e 10 deste mes, a República Arxentina, onde preside en Bos Aires, o día 9, unha nova xuntanza do Padroado da Fundación Galicia Saúde, organismo que vela pola atención sanitaria e social dos emigrantes galegos naquel país. Dita Fundación que, por medio dun convenio co Centro Galego asumiu a xestión do hospital galego, está a levar a cabo un plan de viabilidad deste centro cara a unha xestión máis eficaz non só do propio hospital senón, tamén, dos plans de saúde e os programas sociais. Nesta xuntanza do día 9 analizaranse as estratexias de futuro da Fundación Galicia Saúde.

Nesta segunda viaxe do conselleiro González Álvarez a Arxentina, a primeira foi pouco despois de tomar posesión do seu cargo, o titular da carteira sanitaria da Xunta fará outra entrega de medicamentos á farmacia do Hospital do Centro Galego de Bos Aires. Trátase, esta vez, de tres palets, principalmente antibióticos, (preto de 500 quilos), por valor de 18.000 euros. Neste sentido hai que sinalar que a Dirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios da Consellería de Sanidade leva coordinadas diversas achegas, por importe de centos de millóns das antigas pesetas, de material hospitalario e medicamentos con destino ao servizo de farmacia do Hospital do Centro Galego de Bos Aires. Así, na primeira viaxe de González Álvarez, a finais do pasado ano, xa fixera unha entrega de medicamentos por valor de preto de 50.000 euros.

A visita do conselleiro terá como primeiro destino o Centro Galego. Alí, o sábado día 9, en torno ás 11:45 hora arxentina, farase a entrega dos medicamentos e, posteriormente, en torno ás 12:00 hora arxentina, terá lugar a Reunión do Padroado da Fundación Galicia Saúde, organismo que preside González Álvarez, e na que estará presente, así mesmo, o conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia, Aurelio Miras Portugal.

O domingo pola mañá, o conselleiro de Sanidade, na compaña do de Emigración, visitarán o Fogar Galego para Anciáns de Domselaar, no partido de San Vicente (Bos Aires). Xa pola tarde acudirán ao Círculo Social Valle Miñor, onde terá lugar a celebración do 77 aniversario da Fundación do Círculo Social Valle Miñor.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia