Skip to main content

O grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega da UDC organiza unhas xornadas sobre Carvalho Calero

As xornadas desenvolveranse os días 19, 20 e 21 de outubro, co seguinte programa:
Día 19: “Carvalho Calero, cidadán”, coa participación de Pilar García Negro e Henrique Rabuñal
Día 20: “Carvalho Calero, creador”, coa participación de Manuel Castelao e Laura Tato
Día 21, “Carvalho Calero, estudioso”, coa participación de Mario Regueira e Xosé Manuel Sánchez Rei

Todas as sesións terán lugar no Salón de graos da Facultade de Filoloxía cumprindo coas normas hixiénicas e sanitarias vixentes na UDC.

O grupo ILLA foi pioneiro na organización de reunións científicas dedicadas á figura e á obra do ilustre profesor ferrolán: no ano 2000, organizaron Ricardo Carvalho Calero. Memoria do século [https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/10528] e, no ano 2010, Ricardo Carvalho Calero. Ciencia, literatura e nación [https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/12716].
Universidade da Coruña