Skip to main content

Recibidas case 2.000 solicitudes de praza para coñecer Galicia o vindeiro ano dentro do programa Elixe Galicia

Os interesados teñen que solicitar a súa praza, achegando toda a documentación solicitada, a través das axencias de viaxe ou da sede electrónica da Xunta. No caso de seren beneficiados, terán que solicitar a reserva da praza a partir de febreiro de 2021, un trámite no que se terá en conta a orde de inscrición e os condicionantes económicos.

Todos os usuarios que obteñan abonarán un prezo fixo correspondente a prezos de tempada baixa e dependendo do programa no que se inscriban, mentres que a Xunta subvenciona o 40% da viaxe. Existen catro diferentes programas creados expresamente para este programa vacacional: Vacacións en zonas costeiras; rutas de patrimonio histórico e cultural; rutas de natureza e montaña e estancias en balnearios. As viaxes teñen unha duración de entre 3 a 5 días, moitos deles en fin de semana.

Aínda que inicialmente esta segunda convocatoria tiña previsto contar con algo máis de 6.500 prazas, a previsión é que Elixe Galicia 2021 poida dispor de máis de 10.000 prazas, xa que se lle sumarán aquelas que non se cheguen a comercializar este ano.

Viaxes seguras

Como consecuencia da irrupción da pandemia Elixe Galicia desenvolveu un completo e moi estrito protocolo anticovid19 especificamente creado para este programa co obxectivo de garantir a hixienización, limpeza e seguridade sanitaria para os seus beneficiarios.

O protocolo creado para este programa establece medidas tanto de limpeza como distanciamento social así como se estableceu un manexo seguro de equipaxes e do transporte de viaxeiros. Ademais da obrigatoriedade do uso da máscara e do xel hidroalcólico, no programa de actividades escolléronse proveedores que implantaron medidas específicas anticovid e se estableceu un protocolo de actuacións en caso de posibles casos positivos. Tamén se adaptaron as visitas ás normativas hixiénico sanitarias, limitando aforamentos e evitando visitas a recursos turísticos nos que non se poida garantir un estrito control das medidas sanitarias vixentes.
Programa Elixe Galicia