Skip to main content

Hacienda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que máis rápido pagou as súas facturas en agosto

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Facenda sitúan a Galicia como a comunidade con menor débeda comercial de España xunto con Murcia. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de agosto no 0,10%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,36%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 3.938 millóns de euros, dos que 56 millóns –o 1,4%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2020 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
Xunta de Galicia