Skip to main content

A nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego pon en valor o papel económico e social do sector

Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros.

Tal e como se sinalou na presentación, na que tamén participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director de Red Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa; a que é xa a sexta edición dos Días Azuis do Comercio Galego conta coa colaboración das federacións provinciais de comercio, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de toda Galicia.

Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro.
Días Azuis do Comercio Galego