Skip to main content

Sara Plaza gaña o 'Pérez Parallé' de poesía con 'Todos os pasos fan ruído'

Logo de analizar as 76 candidaturas presentadas a concurso este ano, o tribunal decantouse pola obra titulada ‘Todos os pasos fan ruído’, de Sara Plaza Moreno.

O poemario galardoado co XXXII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé forma parte do Traballo Fin de Mestrado (TFM) elaborado por Sara Plaza para o mestrado DAEN baixo o título ‘Da escritura como mirada á mirada que escribe. A natureza como alento e sustento do sentido estético’, un TFM que tamén vén de ser recoñecido na XVI Edición dos Premios á Calidade Lingüística, impulsados desde o Servizo de Normalización Lingüística da USC.

Sara Praza Moreno, nada en Bustarviejo, na serra de Madrid, é mestra de formación e tradutora e revisora de textos. Aprendeu galego pola súa conta, preocupada pola situación social e lingüística galega.
Universidade de Santiago de Compostela