Skip to main content

O grupo musical A Quenlla, premio internacional APECSA 2020

Segundo o xurado, este traballo “non é unha gravación máis, é a interpretación a día de hoxe de textos que case teñen mil anos e que abondan na nosa autoestima”.

As cantigas de Martín de Padrozelos, recollidas nos cancioneiro da Vaticana e da Biblioteca Nacional de Lisboa, son -segundo os profesores Xulio Pardo de Neyra e Dulce Fernández Graña- as primeiras cantigas coñecidas en lingua galega. Ambos os dous coinciden en que o Trobador era de Praducelo de Lóuzara, lugar de Samos onde perdura unha casa co seu nome.

A Quenlla, integrada por Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), Paloma Suanzes, Tania Capón, Yaiza Seijo, Manuel Dopico, Valery Zviarzhevich e Álvaro Cardalda, recibirá una distinción de APECSA e unha escultura, Harmonía, do escultor lugués Luís Loureira. A decisión do xurado foi adoptada por unanimidade dos seus membros, xunto co presidente, a secretaría, Purificación Carballo Pérez, de APECSA, e os vogais Xavier Goyanes Vilar, da Asociación Pazós de Galicia; Carme Prado Pico, da Asociación de Periodistas de Santiago, e Xosé Luís Muñoz Portabales. do Colexio de Xornalists de Galicia.

A VIII edición do Premio, correspondente a 2020, está dedicada ás vítimas da Covid-19. Na edición anterior foron gañadoras deste Premio, A Universidades de Santiago de Compostela e a italiana de Cagliari, mentres que na edición correspondente ao ano 2018, o premio foi para o Parlamento de Galicia. Tamén foron merecedores deste premio noutras edicións, Segundo Pérez López, deán da Catedral de Santiago e director da Oficina do Peregrino; a Revista Peregrino, editada pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, e Javier Gómez-Montero, catedrático de Literaturas Románicas da Universidade de Kiel (Alemaña).

APECSA, constituída en 1992 e presidida polo xornalista Xosé María Garcóa Palmeiro, creou este premio para “distinguir o mellor traballo de difusión e promoción vinculado ao mundo xacobeo.

As cantigas que constitúen o corpo de cedé son:

1. Id´oj´, ai, meu amigo!
Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (2,47)
2. Eu, louçana, enquant´eu viva for
Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (3,10)
3. Gran sazón á, meu amigo
Música de Paloma Suanzes Garrido. (3,18)
4. Madr´enviou-vo-lo meu amigo.
Música de Manuel Dopico. (3,07)
5. Amig´avia queixume.
Música de Paloma Suanzes. (3,18)
6. Ai, meu amigo!, coitada.
Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (3,37)
7. Por Deus, que vos non pês.
Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (3,41)
8. Amigas, sejo cuidando.
Música de Tania Capón. (3,17)
9. Fostes-vos vós, meu amigo d´aqui.
Música de B. Iglesias Dobarrio, Mero. (3,04)
10. Deus, e que cuidei a fazer?
Música de Paloma Suanzes,Tania Capón e Mero. (4,08)
Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago