Skip to main content

Sanidade amplía a campaña de vacinación da gripe ata o 16 de xaneiro

A campaña de vacinación antigripal deste ano xa superou moitos dos obxectivos fixados para o exercicio 2020. Así, os datos actuais reflicten que o 76,32% do persoal sanitario xa se vacinou, resaltando o persoal médico co 77%, e o de enfermaría co 75,78%. No que atinxe as mulleres embarazadas, xa se superou o obxectivo fixado para esta campaña ao acadar o 63,66%.

Ademais, e respecto das persoas de 65 ou máis anos, na actualidade xa se vacinou o 71,38%. Neste último caso, cómpre subliñar que se incrementou en 11 puntos a cobertura respecto da campaña do ano pasado, acercándonos ao 75% marcado como obxectivo.

Protexerse fronte á gripe este ano ten unha especial relevancia debido á crise sanitaria provocada pola pandemia do virus SARS-CoV-2. Porén, e tendo en conta que en Galicia aínda non se detectaron virus gripais, e que no noso entorno a actividade gripal é moi baixa, Sanidade anima á poboación a vacinarse fronte á gripe nas vindeiras semanas.
Consellería de Sanidade