Skip to main content

Galicia posiciónase como territorio preferente na extensión do 5G

Neste sentido, Mar Pereira lembrou que Galicia foi a primeira Comunidade que aprobou un Plan para facilitar a extensión da tecnoloxía 5G, que nun ao puxo en marcha as súas principais liñas de actuación como a creación dun Nodo Galicia 5G co compromiso dos tres principais operadores (Vodafone, Telefónica e Orange) de realizar os primeiros casos de uso.

Deste xeito Galicia conformou un ecosistema e un contexto que favoreceu a aposta dos operadores pola Comunidade para desenvolver as súas iniciativas de 5G e que favoreceu que hoxe, e grazas ao impulso da administracións autonómica e estatal, se estean a desenvolver máis de 30 pilotos de 5G en ámbitos como a sanidade, a loita contra os incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación.

5G na Estratexia Dixital de Galicia

O 5G é unha das tecnoloxías disruptivas sobre a que pivotará a transformación dixital da vindeira década e así se recolle tamén na Estratexia Galicia Dixital 2030, recentemente aprobada polo Consello do Goberno Galego.

O compromiso é seguir avanzando no impulso destas redes para que Galicia aproveite ao máximo as posibilidades do 5G, a tecnoloxía sen fíos do futuro, que permitirá as mesmas prestacións que a fibra e, polo tanto, unha tecnoloxía clave para mellorar a conectividade nun territorio caracterizado pola dispersión e a complexidade orográfica.

A extensión do 5G posibilitará a disposición de servizos avanzados en moitos ámbitos, especialmente en eidos clave como a sanidade e a educación, desenvolver novos modelos de negocio e consolidar a especialización tecnolóxica no territorio.
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia