Skip to main content

O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis axiña as súas facturas en novembro

Este período supón unha redución de máis de 13 días sobre o conxunto das comunidades autónomas, no que foi de 32,26 días; e por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Facenda sitúan a Galicia como a cuarta comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de novembro no 0,35%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,46%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 5.093 millóns de euros, dos que 201 millóns –o 3,9%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continuaba, a finais de 2020, entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
Xunta de Galicia