Skip to main content

María Isabel Pérez Fórneas toma posesión como nova directora da Biblioteca Pública Provincial de Lugo

María Isabel Pérez Forneas tomou hoxe posesión como directora da Biblioteca Pública Provincial de Lugo, que depende da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O delegado territorial, Javier Arias, desprazouse ao centro e mantivo a primeira reunión de traballo coa nova responsable.

Pérez Forneas xa formaba parte do equipo técnico da biblioteca, o que lle permitirá continuar co bo labor que veu realizando a súa antecesora, María Elena García, que cesa a petición propia por motivos persoais e regresa á súa praza na cidade da Coruña.
Xunta de Galicia