Skip to main content

Santiso Miramontes inaugura as obras que abastecerán de auga potable aos núcleos de Boedo e Bregua

O obxectivo das obras é o abastecemento de auga potable a 85 vivendas dos núcleos de Boedo e Bregua, cun consumo estimado de 1.000 metros cúbicos ao ano.

Santiso Miramontes declarou que a relevancia de obras deste tipo reside “na súa relevancia á hora de paliar unha necesidade evidente e tamén polo que significa de demostración dunha política de equilibrio e de equiparación de servizos entre os ámbitos rurais e urbanos compatible co respecto polo medio natural, ambas tarefas nas que está fortemente implicado o Goberno galego”.

As instalacións constan dunha estación de bombeo, un depósito de regulación e distribución, así como bombas impulsoras de auga para salvar os 120 metros de diferencia de cota entre a estación de bombeo e o depósito. Ademais, canalízanse 1.870 metros de tubeira de fundición para a impulsión e 5.665 metros de tubeira de polietileno para a distribución. Esta obra encóntrase finalizada e na actualidade se están a practicar as probas de estanquidade
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia