Skip to main content

España sumarase á iniciativa Google Grants que ofrece publicidade gratuíta ás ONG neste buscador

A última sesión da Conferencia Internacional de Voluntariado foi o marco da primeira presentación pública a nivel europeo da iniciativa “Google Grants Beat”, que ofrece a entidades solidarias a posibilidade de incluir, de xeito gratuito, a súa publicidade na parte “adwors” (sección destinada a enlaces publicitarios ou patrocinios) do buscador Google. O anuncio da posta en marcha en España desta iniciativa foi realizada polo director xeral desta compañía en España e Portugal, Miguel Reina.

Segundo explicou Reina, esta iniciativa constitúe o primeiro programa da multinacional a través do que se pretende demostrar que a principal filosofía dos creadores de Google, Larry Page e Sergey Brinn, é “non sexas malvado”, unha frase á que lle segue outras das metas do primeiro buscador a nivel mundial que é “organizar a información do mundo e facela máis accesible e útil universalmente”.

“Google Gran Beat” xa está en marcha en nove países (EEUU, Alemania, Australia, Canadá, Italia, Inglaterra, Francia e India) e dela benefícianse 423 organizacións sen ánimo de lucro. Para finais de 2005 preténdese que esté xa en marcha en España e en moitos outros estados, de xeito que poidan participar máis de 1.500 institucións espalladas por todo o mundo.

Esta iniciativa xerou nun ano un total de 33 millóns de visitas nas web sites das más de 400 entidades que xa participan no programa e o valor da publicidade gratuíta durante este periodo estímase en 14 millóns de dólares.
Reina insistiu na importancia que para este proxecto teñen os chamados gloogers, traballadores da compañía, que invirten o seu tempo libre no desenvolvemento desta iniciativa solidaria e para o que os directivos da empresa ofrecen determinados incentivos.

GALICIA REFERENTE

Pola súa banda, a conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, Pilar Rojo, que clausurou o encontro, lembrou aos asistentes que a labor da Administración radica en facilitarlles “camiños” para que podan “dar saída ás súas mellores inquietudes”, pero que é en eles “onde crece cada día esa conciencia solidaria que posibilita que Galicia esté considerada hoxe un refente no mundo do terceiro sector”.

Pilar Rojo tamén agradeceu aos ponentes e ás máis de 50 entidades solidarias e institucións presentes no Palacio de Congresos a súa participación e implicación na conferencia internacional, e fixo tamén mención aos centenares de persoas que durante estes días asistiron con interés e esforzo ao congreso.

MOBILIZACIÓN NAS CRISES

Outra idea vertida no foro foi a necesidade da comunicación para articular a participación do voluntariado nas crises, segundo puxo de manifesto José Luis Piñuel, catedrático de Xornalismo da UCM, quen falou sobre “Comunicación, xestión de crise e mobilización do voluntariado na sociedade do risco”.

Na súa intervención, Piñuel destacou a necesidade de identificar aos destinatarios na xestión ou planificación de crises. Saber cales son os públicos mobilizados á participación e os colectivos que os agrupan permite adaptar as respuestas, prever os medios técnicos e loxísticos necesarios para contactalos (novas tecnoloxías, Internet…) e valorar as necesidades orzamentarias.

O catedrático da UCM falou tamén das principais diferencias entre os militantes do tecido social solidario e os voluntarios, como a implicación total dos primeiros cunha causa e a súa aposta por uns valores, fronte a carencia de perchas ideolóxicas e de identificación coa organización do voluntario, quen “pasa da política”.

Mentres que o militante aposta por unha causa, da a súa opinión, critica e cuestiona, os voluntarios son, en xeral, personalidades máis conciliadoras que non se implican nos debates das organizacións coas que colaboran. Este segundo perfil é, en opinión do ponente, o mellor acollido polo poder, mentres que os militantes do tecido social solidario serían os sustitutos da actividade política dos anos 70.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de Galicia