Skip to main content

A Consellería de Cultura achega 82.000 euros para a reconstrucción da cuberta de Santo Alberte de Parga

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo reconstruirá a cuberta da capela de Santo Alberte de Parga, en Guitiriz, gracias a un investimento de 82.000 euros. A estructura do teito, a pizarra e a madeira presentaban severas deficiencias de conservación tanto na cubrición da bóveda como sobre a nave principal. Malia estes problemas, o estado dos muros e a fábrica que sustentan esta edificación presentan un estado aceptable.

Nos últimos tempos varias cerchas e tesoiras do tellado da igrexa amosaban un deterioro preocupante por mor da acción das choivas e o vento durante todo o pasado ano. Para subsanar os riscos máis inmediatos realizouse unha actuación de urxencia, consistente nunha cubrición provisional. Agora, coa dotación económica achegada polo departamento de Cultura do Goberno galego, procédese á recuperación definitiva deste elemento do templo.

ASPECTO ORIXINAL

As tarefas de rehabilitación da cuberta de Santo Alberte de Parga xa están en marcha. Neste momento estase a substituir a vella construción con novas vigas, tesoiras e cerchas de carballo e castiñeiro.

Estes elementos dispóñense respectando a mesma ubicación dos orixinais, conservando así o aspecto auténtico da capela. Asemade, para deixa-lo templo nas mellores condicións posibles e reforzalo de cara ao futuro, na parte da cuberta que corresponde á bóveda estase a realizar un entablado en oculto.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia