Skip to main content

Sogama reduciu o depósito directo de residuos en vertedoiro nun 98% durante a última década

Indicou que esta xestión se mostra máis eficiente se se comparan coas rexistradas en 2008, exercicio no que máis de 410.000 toneladas acabaron no vertedoiro, acadando a cifra máis alta de depósito dos últimos 13 anos.

Explicou que o balance de 2020 é un dos froitos que se recolle da aplicación do Plan de xestións de residuos urbanos, a folla de ruta nesta materia en Galicia, grazas ao cal se investiron máis de 84 millóns de euros, para apostar por unha xestión eficiente dos residuos.

Grazas a esta planificación actuouse en todos os aspectos: eliminando vertedoiros, ampliando a rede de puntos limpos, loitando contra os puntos de vertido incontrolado e reforzando o papel de Sogama, un modelo referente en Europa e que na actualidade da servizo ao 94% dos concellos de Galicia.

Novo plan de xestión

A conselleira recordou que o plan de xestión de residuos actual remata a súa vixencia no ano 2022, polo que o Goberno galego empezará xa a traballar no novo plan de residuos, para dar resposta aos retos de futuro, apoiándose na Lei de residuos e solos contaminados, que entrou en vigor o pasado mes de marzo, co que Galicia se adiantou á aprobación da normativa estatal que tiña que estar operativa desde 2020.

Ángeles Vázquez salientou que Galicia ten un marco definido e un obxectivo claro: avanzar na transición cara o modelo de economía circular en colaboración cos concellos.

Unha das eivas principais será a xestión dos biorresiduos para os que xa se deron pasos, como a entrega de 5.000 contedores marróns aos concellos, o impulso de proxectos demostrativos e do programa de compostaxe doméstica de Sogama; e que nos vindeiros meses estará marcado pola construción nas novas plantas de tratamento.

Recordou que a Xunta está a impulsar a posta en marcha de tres plantas de biorresiduos en Vilanova de Arousa, Cervo e Verín, grazas á mobilización de 25 millóns de euros, que se sumarán á xa construída en Cerceda e a outros proxectos públicos e privados que se impulsen en Galicia.
Sogama