Skip to main content

Belén Prado clausura na Estrada a VI Feira Profesional do Moble de Galicia

A conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Belén Prado, clausurou a sexta edición da Feira Profesional do Moble de Galicia, que se celebrou na localidade pontevedresa da Estrada.

A conselleira sinalou que, malia os avances experimentados polo sector do moble nos últimos anos coa incoporación das novas tecnoloxías, a renovación do deseño e a mellora da calidade, segue a haber retos pendentes relacionados coa formación, a dotación tecnolóxica ou as técnicas de venda, entre outros. Neste sentido, a titular de Emprego lembrou as iniciativas postas en marcha pola Xunta para dar resposta a estas necesidades.

En concreto, apuntou que o sector da madeira precisa aumentar a cualificación dos seus empregados, dado que os procesos productivos son cada vez máis complexos e requieren dunha maior especialización. A consellería de Emprego financia numerosas accións formativas a través do Plan de Formación e Inclusión Profesional ou das Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego. Nestes últimos, o módulo de carpintería de madeira é o segundo máis demandado.

Outro dos exemplos sinalados por Belén Prado foi a necesidade de que o sector galego consiga trasladar ao público unha imaxe de marca diferenciada que o identifique, un obxectivo que precisa da intervención de profesionais formados nas novas tecnoloxías da comunicación. A este fin serve o programa de apoio á contratación indefinida e á contratación en prácticas relacionada cos proxectos de I+D, dirixido á incorporación destes profesionais ás empresas.

HISTORIA DA FEIRA

A Feira Profesional do Moble de Galicia naceu no ano 2000, en resposta ás demandas do sector, tendo recibido ata o momento uns 20.000 visitantes. O obxectivo da mostra é promocionar a industria da transformación da madeira e servir de escaparate ás últimas novidades do mercado do moble, propiciando os intercambios comerciais entre fabricantes e distribuidores. Os organizadores estiman que a feira move anualmente entre 13 e 15 millóns de euros, entre os negocios pechados durante a celebración da mostra e os que fructifican con posterioridade gracias aos contactos realizados eses días.

Galicia conta con máis de 2.500 empresas adicadas á ebanistería e á fabricación de mobles, que facturan en conxunto preto de 530 millóns de euros anuais e que xeran 12.000 postos de traballo directos.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia