Skip to main content

Presentada a XXXVII Feira do Libro de Ourense

Este feira retoma así a edición presencial que, logo de 35 anos foi substituída o pasado ano por unha edición virtual por mor da situación sanitaria que estabamos a vivir.

Será o pregoeiro destes días de libros e literatura, o ourensá Miguel Anxo Fernández e xunto con él, contaremos coa presenza de máis de trinta autoras, autores, fotógrafos e ilustradoras que estarán asinando as súas obras e encontrándose coas súas lectoras e lectores no recinto da feira ao longo destes catro días. Unha ocasión por tanto excepcional tanto para achegarse ás autoras e autores que coñecemos e gostamos como para descubrir outros novos.

Son oito as librarías que se darán cita na Rúa do Paseo, Libraría Padre Feijoo, A´Nova, Lbraría Pedreira, Kathedra, Nobel de Ourense, Punto e Coma, La Viuda e Libraría Cortizas. Con elas estará tamén a editorial Planeta.

O evento conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense.
Federación de Librarías de Galicia