Skip to main content

O Festival de Ortigueira abre o concurso Runas para grupos noveis de 2021 e impulsa o proxecto de cara a 2022

En 2022 serán nove as bandas finalistas, as tres que quedaron finalistas en 2020, as tres que queden finalistas este presente ano 2021, e as tres que se elixan na seguinte edición 2022. Así, xunto co resto de programación e o festival ampliarase e pasará de celebrarse de xoves a domingo a celebrarse toda unha semana.

Os 3 finalistas do presente concurso 2021, escollidos a través da votación online e do xurado, anunciaranse ao remate do mes de xullo e serán contratados para actuar no escenario do Festival 2022 e percibirán cada un caché de 1.500 euros, IVE incluído e alí competirán xunto aos vencedores do Proxecto Runas 2020 e 2022. Da actuación dos finalistas do ano 2020 e dos anos 2021 e 2022, sairán tres gañadores que actuarán en 2023 no escenario principal. Por segundo ano consecutivo, o festival intensifica nas redes sociais a promoción e posta en valor deste proxecto de promoción dos novos valores da música Celta. O Runas terá tamén presenza propia no Festival, cun día enteiro a súa programación dedicado por completo ás actuacións dos finalistas do concurso, e estará patrocinado por Estrella Galicia, firma que xa ven apoiando este evento, declarado de interese turístico internacional no 2005.

https://festivaldeortigueira.com/es/blog-item/ortigueira-abre-el-concurso-runas-2021
Festival de Ortigueira