Skip to main content

O XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Americanistas pon o foco nos 'Camiños de América'

O foro conta con máis de 300 participantes —115 presenciais e 196 virtuais— de 120 institucións e 27 países de América Latina, Europa, Asia e África, grazas á combinación das modalidades presencial e virtual.

Inauguración

No acto inaugural que se desenvolve este luns 14, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a partir das 19.30 horas e presidido polo reitor Antonio López, toman parte o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; Pilar Cagiao Vila, coordinadora do Comité Organizador do Congreso; e Ascensión Martínez Riaza, presidenta da Asociación Española de Americanistas. O relatorio inaugural titulado ‘América e a identidade de Galicia: unha visión dende dúas beiras’ corre a cargo do profesor Ramón Villares, xunto con Fernando Devoto da Universidade de Bos Aires.
Universidade de Santiago de Compostela