Skip to main content

A USC repite no quinto chanzo do U-Ránking 2021 de universidades españolas

A USC comparte esta quinta posición con outras dezaseis universidades. Esta listaxe ordena as universidades españolas en función do seu rendemento docente, así como no relativo á investigación e á innovación, corrixindo os efectos do distinto tamaño das institucións para facelas comparables entre si.

Na clasificación que atinxe de modo específico aos resultados do eido docente, a USC mantense na cuarta posición dun total de sete postos. Nese cuarto posto, sitúanse 23 institucións. Asemade, no relativo á clasificación que recolle os resultados da avaliación da actividade investigadora e innovadora, a USC ascende un chanzo ao situarse sexta xunto con outras tres universidades nunha listaxe integrada por 18 niveis.
Universidade de Santiago de Compostela