Skip to main content

'Na Bocanoite' revive con música a carón da muralla os poemas galegos de Lorca

Esta actuación, a terceira das programadas ao abeiro do ciclo ‘Na Bocanoite’, organizado no marco do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello e Deputación Provincial de Lugo, é de entrada libre e gratuíta ata completar aforo e permite, alén de universalizar a creación de García Lorca desde unha óptica interdisciplinar que conxugta música e literatura, dar continuidade ao proxecto que posibilitou a musicalización de cinco poemas do autor escritos en lingua galega.

Os artistas e intérpretes que se ocuparon de poner música á escrita de Lorca serán tamén os encargados de presentar ao público os resultados do seu traballo nesta actuación. Noelia Geada e David Taboada abrirán a quenda de actuacións co poema ‘Cantiga do neno da tenda’, versos dedicados a Ernesto Pérez Guerra que falan do sentimiento dos emigrante. De seguido, o grupo Nebra interpretará os versos de ‘Danza da lúa en Santiago’, acuxa letra orixinal, esta formación engadiu as melodías propias do seu proxecto, inspirado na música tradicional galega.

A banda de rock indie alternativo Infrarroja, unha formación nada en Lugo en 2017, poñerá música ao poema ‘Romance da Nosa Señora da Barca’, nun evento no que tamén se poderá gozar do resultado da letra de ‘Nouturno do adolescente morto’ con música de Quique Muruáis e Luis Monsalve, así como do poema ‘Canción de cun a para Rosalía de Castro, morta’, musicado polo dúo Condensadores de Fluzo, integrado por Luis (Bedu) Pérez e Miguel Bello. O repertorio do Proxecto Lorca completao o poema titulado ‘Madrigal á cidade de Santiago’, uns versos que xa foron musicado para a USC en 2015 por Carlos Díaz.

As persoas interesadas en acudir como público a este novo concerto do Proxecto Lorca deberán solicitar de balde e con antelación o convite a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. Tamén se pode obter máis información a través do número de teléfono 982 812 513.
Universidade de Santiago de Compostela