Skip to main content

Ábrese o prazo de convocatoria para solicitar o Bono Coidado para axudar á conciliación das familias durante todo o ano

Como nos anos anteriores, co Bono Coidado poderá solicitarse a contratación dun servizo de conciliación no caso de enfermidade do neno ou do coidador habitual, para cuestións de carácter laboral ou para outro tipo de situacións nas que se precise, sempre e cando sexan xustificables. Neste senso, grazas á novidade engadida este ano, ofrecerase unha axuda durante o verán para a contratación dunha persoa ou para acudir a centros autorizados como ludotecas, espazos infantís ou servizos semellantes, sempre que ambos os dous proxenitores acrediten que, por motivos laborais, non poden facerse cargo da atención do neno de ata 12 anos na época de vacacións escolares.

1,8 millóns de euros

A Xunta de Galicia investirá nesta axuda 1,8 millóns de euros, ampliables en función das solicitudes. Cómpre destacar que tamén se atenderán as necesidades de conciliación rexistradas desde o 1 de xaneiro do 2021.

A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custe do servizo. Así e todo, a contía máxima da axuda será de 500 euros por unidade familiar no caso da contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio; ou de 200 euros por cada neno no caso de asistencia a servizos de conciliación.
Xunta de Galicia