Skip to main content

As universidades galegas e a Xunta colaboran na adquisición e mellora de equipamento e instalacións

Dito documento salienta “a necesidade de fomentar accións que conduzan ao desenvolvemento de capacidades e servizos para a xestión do coñecemento científico e a valorización das actividades e resultados de investigación”.

O documento establece como prioridade a planificación, desenvolvemento integrado e consolidación da adquisición e mellora de equipamento e instalacións científico-técnicas do SUG, tanto dirixidas á investigación como á docencia, “para optimizar as súas capacidades en investigación e transferencia de coñecemento”.

As universidades poderán destinar o orzamento do convenio a gastos de equipamento dos grupos, institutos e centros de investigación e de unidades docentes, sempre que estean incluídos ou asociados á realización de proxectos de investigación, a equipamento científico e para infraestruturas de investigación, á elaboración de proxectos de obras ou reformas, á dotación de laboratorios e ás ferramentas de xestión do coñecemento e información tales como aplicacións informáticas, bases de datos ou licenzas software entre outros.

A USC recibirá unha contía total de 3.263.642 euros, dos cales, 484.000 euros destinaranse para a dotación do hospital veterinario universitario Rof Codina no Campus de Lugo a través de equipos de ecografía para anestesia e oftalmoloxía, torre de videoendoscopia dixital, máquinas de anestesia e ecógrafos para equinos ou equipamento para quimioterapia. O resto da orzamento cubrirá distintas necesidades das escolas e facultades, entre outros espazos docentes e de investigación.
Universidade de Santiago de Compostela