Skip to main content

A sala de exposicións da Universidade da Coruña, NORMAL, remata este ano cunha ampla e diversa proposta cultural iniciada con artes performativas

A programación continuará cun taller para miniarquitectos “Vivir nas nubes” coa arquitecta Nuria Prieto e o arquitecto Luis Santalla o martes 21 de decembro das 18:00 ás 20:00 horas. Para esta actividade as prazas son limitadas e é preciso inscribirse no correo normal@udc.gal. Os menores de 12 anos deben ir acompañados por un adulto.

O mércores, 22 de decembro, ás 19:30 horas, presentarase o libro Soño dunha noite de verán (William Shakespeare, tradución de Miguel Pérez Romero), editado pola Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor.

O xoves, 23 de decembro, ás 19:30 horas, proxectarase o filme documental “Todas as mulleres que coñezo” e haberá un debate coa directora, Xiana do Teixeiro.

Xunto con estas actividades poderá visitarse ata o 7 de xaneiro a exposición “Códigos” de Tatiana Medal en horario de 11 a 22 horas. A entrada a todas ás actividades, agás ao taller “Vivir nas nubes”, é libre até completar a cabida. Non é preciso inscribirse.
Universidade da Coruña