Skip to main content

O Padroado da Fundación Cela conmemorará en 2022 o 20 aniversario do pasamento do autor cunha exposición itinerante

Algunhas das propostas previstas son a realización dunha exposición itinerante para afondar nas diferentes facetas de Camilo José Cela, que percorrerá as principais cidades galegas. Tamén se celebrará o 80 aniversario de La familia de Pascual Duarte, unha das principais obras do autor, con eventos específicos arredor dela, como unha mostra e unha xornada académica.

Asemade, na xuntanza anunciouse que en 2022 se vai iniciar o proceso de rehabilitación e musealización da locomotora coñecida como Sarita, peza principal do Museo do Ferrocarril que forma parte do Museo Camilo José Cela, co obxectivo de integrala na museografía exterior deste espazo.
Fundación Cela