Skip to main content

'Defensoras' lembra o cometido de 11 mulleres destacadas a prol da loita polos dereitos humanos

A selección de ‘Defensoras’ abrangue un amplo período de tempo e diferentes áreas xeográficas e culturais. Daquela, nesta escolma figuran mulleres como Eleanor Roosevelt, principal promotora da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, ata outras máis actuais como a paquistaní Malala Yousafzai, defensora do dereito á educación, Theresa Kachindamoto, que traballa por abolir o matrimonio infantil en Malawi; a xaponesa Yosano Akiko e a súa loita por acadar a independencia das mulleres, a brasileira Marielle Franco e o seu incansable traballo en favor dos colectivos LGTBI, a defensa dos dereitos indíxenas e medioambientais da guatemalteca Lolita Chávez ou a reivindicación do dereito á auga levada a cabo pola india Amla Ruia.

Esta actividade formativa e de sensibilización que desenvolve o alumnado do grao en Ciencias da Cultura por terceira vez, ten como obxectivo dar a coñecer a tarefa de mulleres que traballan por facer realidade a universalización dos dereitos humanos. As persoas interesadas poden visitar a mostra ata o 28 de febreiro no vestíbulo de entrada á cafetería da Facultade de Humanidades de Lugo.
Universidade de Santiago de Compostela