Skip to main content

Máis de 300 investigadores dunha trintena de países daranse cita en Santiago no foro sobre Física de Partículas DIS2022

“A diversidade de temas, presentacións e asistentes, converteu esta reunión nunha das máis importantes do campo”, apuntan dende a organización do evento.

Dividido en sete sesións plenarias e seis sesións temáticas paralelas, unha parte importante do programa está dedicada aos últimos resultados dos maiores experimentos e aceleradores de partículas do mundo como os localizados no Brookhaven National Laboratory (BNL), a Organización Europea para la Investigación Nuclear (CERN), o sincrotrón alemán DESY, o Fermi National Accelerator Laboratory (FNAL), o Thomas Jefferson National Accelerator Facility (JLab) e o laboratorio xaponés KEK, así como ás achegas teóricas máis recentes.

Como é tradición, entregarase o premio ‘Guido Altarelli’ –un dos pais fundadores da Cromodinámica Cuántica, divulgador e promotor das novas xeracións científicas– que se outorga a investigadores ou investigadoras noveis que fixesen contribucións teóricas ou experimentais destacadas nos temas tratados no DIS.
Universidade de Santiago de Compostela