Skip to main content

A Xunta investirá1.061.030 euros para infraestructuras rurais nos 15 concellos das comarcas de Ferrol e Ortegal

COMARCA DE FERROL

No concello de Ares investiranse 54.722,95 euros destinados á rede de abastecemento e á mellora do firme no núcleo rural de Besoxo.

No concello de Cedeira investiranse 83.768,72 euros destinados á pavimentación dos camiños de Rega- Baturno e Campara- Estrada de San Andrés.

No concello de Fene investiranse 119.661,65 euros destinados á pavimentación dos camiños de Laraxe (Limodre) e de Abeledo (Maniños).

No concello de Ferrol investiranse 88.590,87 euros na pavimentación dos camiños Fontenla- Regalado e outros e no acceso á praia de Santa Comba.

No concello de Moeche investiranse 45.679,92 euros destinados á pavimentación do camiño Vilapedre- Igrexa Labacengos.

No concello de Mugardos investiranse 59.506,54 euros na ampliación do abastecemento de auga a Simou e outros.

No concello de Narón investiranse 62.604,46 euros na pavimentación do camiño Pedreira- Vicas (Sedes) e no de Igrexa- Feira do Trece e outros.

No concello de Neda investiranse 69.557,97 euros na pavimentación dos camiño de Rabadeña- Fraga, Viladonelle- Lobeira e outros.

No concello de San Sadurniño investiranse 63.053,63 euros na ampliación do alumeado público en diversos lugares do concello e na pavimentación do camiño Gaspares (Monte) e outros.
No concello de As Somozas investiranse 48.459,29 euros na pavimentación do camiño Rego a Vaso Lixiviados e outros.

No concello de Valdoviño investiranse 78.673,38 euros na pavimentación do camiño Vilaboa- Vilarrube e en Bedoxa e outros.

COMARCA DE ORTEGAL
No concello de Cariño investiranse 83.768,72 euros destinados á pavimentación dos camiños de Cabanan- Miranda, de Landoi- San Andrés e outros.

No concello de Cerdido investiranse 46.142,03 euros destinados á pavimentación dos camiños da Carballeira a Rincha e outros.

No concello de Mañón investiranse 51.390,82 euros destinados á pavimentación do camiño Mamoelas- Cano de Auga- Lagoa (Bares) e outros.

No concello de Ortigueira investiranse 105.448,52 euros dedicados á pavimentación do acceso á xardíns públicos, do entorno do centro social e outros.

CRITERIOS OBXECTIVOS
A asignación que corresponde a cada concello determinase segundo criterios obxectivos consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Estes criterios fan referencia á poboación e número dos núcleos, á súa superficie, ao número de entidades de poboación de menos de 1.000 habitantes, á despoboación rexistrada entre 1991 e 2003, e á poboación maior de 64 anos.

VISITA
Santiso Miramontes visitou as novas instalacións de Industrias Generoso Santalla, unha empresa dedicada á carpintería que produce mercadorías por un valor superior aos 5 millóns de euros, actuando como referente na actividade económica local e dinamizador da riqueza forestal circundante. A Consellería que dirixe Santiso Miramontes tomou en conta a petición de axudas para facer fronte ao investimento que ascendeu aos 860.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achegou arredor do 30% (uns 250.000 euros). O Conselleiro tamén visitou a Cooperativa O Val, dedicada ao procesamento de tomate, pemento do Couto e leituga ademais de repolo, acelga, espinacas, xudías e patacas entre outros. Conta cunha sección de crédito, supermercado e almacén, acadando un volume de actividade de 3,5 millóns de euros.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia