Skip to main content

Premio Nacional para o traballo investigador do CITIC da UDC sobre a aprendizaxe intelixente aplicada ás instalacións de control de auga

O galardón, entregado no XVII Simposio de Control Inteligente do CEA, recoñece e estimula o traballo desenvolvido en relación ao control intelixente.

A proposta de Michelena xira en torno á aprendizaxe intelixente dos procesos de control de líquidos, entre eles a auga. Moitos destes procesos operan en continuo, sendo o controlador máis usado o PID (ProporcionalIntegral-Derivativo) que require do axuste duns parámetros para os seu correcto funcionamento.

Tradicionalmente, este axuste realizábase de forma empírica mediante sistemas que poden resultar lentos e pouco eficientes cando os sistemas a controlar non son lineais. É por iso que o proxecto realizado polo investigador do CITIC presenta unha solución que se basea na combinación de metodoloxía tradicional –como son os lazos de control PID autoaxustables e os algoritmos de identificación baseados en mínimos cadrados- cos máis recentes avances tecnolóxicos como son as redes neuronais e a aprendizaxe federado. De xeito, proponse simplificar a tarefa de identificación e control do procesos non lineais de control do nivel de líquidos.

A proposta final de Álvaro Michelena Grandío permite obter un modelo xeral de comportamento do sistema, de xeito que á hora de identificar e controlar outros sistemas iguais, o proceso efectuarase automaticamente e de forma más rápida, óptima e eficiente. “Isto é así porque se parte dun coñecemento previo do funcionamento do proceso e, ademais, a solución deseñada permite realizar a detección de anomalías en tempo real”, explica o investigador do CITIC, quen tamén forma parte do grupo de Ciencia e Técnica Cibernética da Escola Politécnica de Enxeñeira de Ferrol (EPEF) do Campus Industrial de Ferrol.

O Premio Nacional Mejor TFM/TFG en Control Inteligente CEA 2022 a Álvaro Michelena vense a sumar a outros recoñecementos recibidos polo investigador este ano como o Premio Cátedra Emalcsa-UDC. Michelena graduouse en 2020 en Ingenería Electrónica Industrial e Automática da Universidade da Coruña, obtendo o premio extraordinario da UDC. No obstante, iniciou a súa actividade investigadora en 2019 na antiga Escola Universitaria Politécnica (EUP), actualmente Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e dende maio 2021 forma parte do CITIC como técnico de apoio á investigación, colaborando con diferentes proxectos do centro. Así mesmo, dende decembro de 2021 é membro tamén do grupo de Ciencia e Técnica Cibernética de la Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol do Campus Industrial de Ferrol.

Sobre o CITIC

O CITIC é un centro de investigación que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC, creado en 2008 pola Universidade da Coruña. A actividade científica do centro estrutúrase en catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial; Ciencia e Enxeñaría de Datos; Computación de Altas Prestacións; e Servizos e Redes Intelixentes, e unha área de investigación transversal a todas elas: a de Ciberseguridade. Na actualidade, o CITIC está acreditado como Centro de Investigación de Galicia. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, co obxectivo temático de promover o desenvolvemento tecnolóxico‚ a innovación e unha investigación de calidade. Un dos obxectivos do CITIC pasa por poñer ao alcance da sociedade os resultados das súas investigacións, polo que o centro promove accións de ciencia cidadá e actividades divulgativas que potencien as vocacións científicas e garantan a renovación do talento no ámbito das TIC.
Universidade da Coruña