Skip to main content

Retorna a cita mensual co cinema documental

Dirixido polo director e guionista Ida Cuéllar, trátase dun documental que acumula unha decena de premios e seleccións para festivais internacionais desde a súa estrea en 2020 e que é o resultado dos sete anos que Cuéllar dedicou a investigar a desaparición, en 1994, do doutor mexicano Jacobo Grinberg, “especialista no estudo da telepatía”, segundo sinala a promotora de Docs del Mes. Con estrada libre ata completar aforo e programada para as 20.00 horas, esta proxección verase continuada pola exhibición de novos documentais os terceiros luns de cada mes na Casa das Campás.

Así, o 24 de outubro proxectarase na Vicerreitoría o documental británico Rebellion, no que as directoras Maia Kenworthy e Elena Sánchez Bellot afondan nas orixes de Extinction Rebellion, “un grupo de acción directa contra o cambio climático”, como destacan desde a empresa promotora deste ciclo de cinema. “O movemento ecoloxista viu como no 2018 emerxía un novo colectivo que apostaba pola acción directa e a desobediencia civil”, salientan deste movemento, cuxas orixes e evolución amósanse por primeira vez nun documental seleccionado para unha decena de festivais e que neste 2022 protagonizou a proxección inaugural do festival de cine Human Rights Watch de Nova York.

Uns mes máis tarde, o 21 de novembro, poderá verse en Pontevedra Querida Sara, o primeiro documental da barcelonesa Patricia Franquesa, que se presenta como “un emotivo retrato de Sara, a primeira taxista de Afganistán, unha muller poderosa que rompe as barreiras patriarcais”, á vez que como “un testemuño dunha realidade que xa non existe”. Finalmente, Docs del Mes pechará a súa programación de 2022 o 19 de decembro con Karaoke Paradise, un documental do cineasta finés Einari Paakkanen, presentado como “un percorrido por unha Finlandia escondida”, que afonda na “paixón” existente neste país polos karaokes.
Universidade de Vigo