Skip to main content

O filme francés 'L'enfant salamandre' leva o primeiro premio á mellor curtametraxe no XV FIC Bueu

A curta conta a historia de Florian, un neno que aos 15 anos pensa que se pode comunicar cos mortos a través do lume, o que fai que os seus veciños pensen que é un bicho raro. Un día, a forza de ser chamado monstro, remata por converterse nun.

O Segundo Premio dotado dunha cantidade de 1.000 euros foi para a curtametraxe romanesa ‘Interfon 15’ de Andrei Epure, facendo a entrega da condecoración a deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, logo de que Luis E. Parés, de novo en representación do Xurado Oficial, anunciara o nome da obra vitoriosa. ‘Interfon 15’ trata sobre varias persoas que descobren a unha muller inconsciente tirada fronte ao seu bloque. Aínda que a muller vive no terceiro piso, ninguén sabe o seu nome, o que os leva a reflexionar sobre a vida da súa veciña e sobre a súa propia.

María Ruíz-Falcó e Nerea Lores, en representación do FICBUEU, foron as encargadas de introducir o Premio do Público, que nesta ocasión recaeu sobre a
produción neerlandesa ‘Vlekkeloos’ de Emma Branderhorst. Por outra banda, o premio Galicia R á mellor obra galega foi comunicado por Pepe Coira, membro do Xurado Nacional, quen deu paso ao director da compañía R, Alfredo Ramos, encargado de facer a entrega. Nesta edición houbo dúas pezas gañadoras ex aequo, ‘Rompente’ de Eloy Domínguez Serén e ‘El sembrador de estrellas’ de Lois Patiño. Os dous recoñecementos, tanto o do Público como o Galicia R, contan cunha dotación económica de 500 euros.

Pepe Coira tamén foi o membro do xurado que revelou e deu o galardón á Mellor Curta Española da presente edición, cunha recompensa de 500 euros, que recaeu en ‘Alopècia Androgènica’ de Salvador Sunyer, con Mención Especial para ‘Harta’ de Júlia de Paz. Na mesma liña, Helena Girón como parte do Xurado Descubertas foi quen desvelou o nome do filme gañador na mesma categoría, outorgado a Stéphanie Lagarde por ‘Minimal sway while starting my way up’ e que recibiu a mesma cantidade económica que nos casos anteriores.

Para rematar, no acto tamén se entregou o Premio Cinema Galego 2022 a Miguel de Lira, quen reflexionará sobre o certame e sobre a súa traxectoria nunha entrevista co xornalista Gaspar Broullón que se poderá ver a través da Canle FICBUEU.
FIC Bueu