Skip to main content

A sexta edición doGFFF rende homenaxe a Braindead, de Peter Jackson, e contará coa presenza da súa protagonista

A continuación, ás proxectarase The Thing (La cosa), obra de referencia no terror e ciencia ficción que cumpre 30 anos en 2022.

O sábado 24, no Auditorio do Concello, é o turno do Pequefreak, xornada dirixida a inculcar o amor polo cinema nos nenos, con obradoiro de efectos especiais, realidade virtual e proxección de curtas sorprendentes e nunca vistas en Galicia.

O festival continúa do mércores 28 de setembro ao sábado 1 de outubro na Praza Elíptica, coas proxeccións da sección oficial de curtametraxes, os primeiros filmes de Peter Jackson, exposición, coloquios, presentacións e sorpresas en forma de performance.

Braindead, de Peter Jackson

Braindead é considerado un dos filmes máis sanguinolentos da historia do cinema e é venerada por freaks de todo o mundo. Malia ser unha produción neozelandesa, está co-protagonizado por unha sevillana, Diana Peñalver, que interpreta maxistralmente o personaxe de Paquita e suxeriu o orixinal título da película en España. Diana Peñalver estará no Galician Freaky Film Festival e conversará cos presentes tras a proxección do filme.

Dentro da homenaxe a Peter Jackson tamén se proxectará Bad Taste (Mal gusto), primeira longametraxe do oscarizado director na que se iniciou no gusto polo xénero gore, que máis tarde veríamos en Braindead. Neste caso, un grupo de extraterrestres famentos aterrorizan aos habitantes da Terra.

O Galician Freaky Film Festival ofrece unha oportunidade única de visionar de novo estes dous filmes de culto na gran pantalla e coa oportunidade de comentalas cunha das súas protagonistas.

Aniversario The Thing

Como no caso de Braindead, The Thing (La cosa) tamén está de aniversario e o GFFF non perde a ocasión de festexar os 30 anos da súa estrea. The Thing é un thriller oscuro, paranormal e terrorífico dirixido por John Carpenter en 1982 que gaña adeptos co paso dos anos pola súa excepcional combinación de ciencia ficción e terror psicolóxico e que conta con numerosos filmes, comics e videoxogos baseados nela.

A proxección de The Thing será na xornada inaugural do GFFF, o 23 de setembro no Auditorio do Concello de Vigo. Durante a inauguración tamén terá lugar a proxección de The Hunchback of Notre Dame, filme musicado en directo por Caspervek Orquestra.

Volve o Pequefreak

Tras a gran acollida da primeira edición, en 2021, o festival volverá programar unha xornada específica para os pequenos da casa, o Pequefreak. Será o 24 de setembro no auditorio do Concello de Vigo e, ademais de proxección de curtametraxes e lonags de fantasía, os nenos poderán participar nun obradoiro de efectos especiais cinematográficos e unha experiencia inmersiva de realidade virtual.

VIGO, CAPITAL DO FRIKISMO AUTÓCTONO

O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que adoitan verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con estreas mundiais, internacionais e nacionais. O GFFF ten todos os ingredientes para convertir a Vigo na cidade de peregrinación freak, onde o seu exército poderá volver a gozar do festival, unha experiencia que vai alén do cinematográfico para converterse nunha experiencia de comunidade.

Na súa quinta edición, malia pandemia, o festival foi quen de vender todos os seus abonos e alcanzar máis de 12000 visualizacións na súa edición híbrida. O éxito entre o público, os medios, e o respaldo de creadorxs de todo o mundo, xunto cunha programación moi coidada nun ambiente único, converten a o GFFF no festival de cinema freak e underground máis vándalo das Rías Baixas.
Galician Freaky Film Festival