Skip to main content

A UDC organiza o Foro Avanza para facilitar o emprego e o emprendemento do estudantado universitario

O Foro componse de dúas partes. Os días 25 e 26 de outubro, no salón de graos da Facultade de Economía e Empresa organizaranse diversas charlas, mesas redondas e obradoiros relacionados coa empregabilidade. Varios expertos falarán sobre como mellorar as habilidades comunicativas, a elaboración do curriculum vitae ou como enfrontarse a un proceso de selección de persoal. O Foro contará coa presenza de titulados pola UDC que compartirán a súa experiencia de inserción laboral.

A segunda parte será a feira de emprego o día 27 de outubro, no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña, co obxectivo de achegar o mundo profesional ao académico. Haberá stands de trinta empresas e entidades como Repsol, Deloitte, Acciona, Carrefour, Navantia, Decathlon, NTT Data, Siemens, Gadisa, Clúster Industrial do Deporte Galego, Sacyr ou Hoteis NH. O alumnado ten a oportunidade de contactar directamente co persoal de Recursos Humanos destas empresas, e mesmo haberá procesos de selección para ofertas de emprego ou prácticas.
Universidade da Coruña