Skip to main content

Bota a andar a novena edición do certame 'A Ciencia en imaxe'

Esta convocatoria está aberta á comunidade universitaria da USC así como á dos centros de Ensino Medio de Galicia nos que se impartan ESO e Bacharelato. A autoría das fotografías debe ser individual mentres que a dos vídeos pode ser individual ou grupal, de acordo cos requirimentos que se establecen nas bases da convocatoria.

En fotografía, o primeiro premio ascende a 200 euros, mentres que o segundo é de 100 euros. 250 e 125 euros son, respectivamente, as dotacións do primeiro e segundo premio na modalidade de vídeo. O prazo para inscribirse estenderase dende o 24 de outubro ata o día 6 de novembro de 2022.

O rexistro é de balde e terá lugar no momento no que a/o concursante envíe o formulario de inscrición e o arquivo coa súa fotografía/vídeo divulgativo á dirección de correo electrónico fisica.acienciaenimaxe@usc.es No asunto indicarase ‘A Ciencia en Imaxe: fotografía’ ou ‘A Ciencia en Imaxe: vídeo’ dependendo da categoría na que se queira participar.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)