Sofía e Mateo son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como en 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás ‘Iago’, ‘Anxo’, ‘Mario’ e ‘Adrián’ que dan paso no 2021 a ‘Roi’, ‘Bruno’, ‘Luca’ e ‘Alejandro’.
En canto ás nenas, no 2021 incorpóranse ‘Emma’ e ‘Lola’ e desaparecen do listado dos 20 primeiros ‘Alma’ e ‘Uxía’.
Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación
O IGE tamén dispón da ‘Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación’ a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).
Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome.
Xunta de Galicia